gototopgototop

Mar do Morrazo

Logo Mar do MorrazoMar do Morrazo, S. Coop. Galega

R/ Concepción Arenal, 20 1º H

36950 Moaña

Telfs: 671 660 081 (ofic.) / 671 660 082 / 671 660 083

E-mail: Esta dirección electrónica esta protegida contra spam bots. Necesita activar JavaScript para visualizarla

 

 

Pesca e comercialización por xunto de produtos pesqueiros e marisqueiros

En Moaña no 2007 constituese unha Sociedade Cooperativa Galega de primeiro grao denominada “MAR DO MORRAZO”. A Cooperativa consta de 39 socios/as; formando parte da Xunta Directiva, nove deles/as.

O obxectivo fundacional é a realización de todo tipo de operacións encamiñadas ó mellor aproveitamento das actividades profesionais ou das explotacións dos/as seus/suas socios/as, dos seus elementos e compoñentes da cooperativa, e a mellora económica e aproveitamento racional dos recursos da pesca tradicional ou artesanal, e do marisqueo e acuicultura en xeral.

Hai unha ampla variedade de produtos cos que se traballa nesta cooperativa, comercializase unhas oitenta especies distintas. A especie estrela, é o polbo pero tamén destaca a venda de pescadilla, a faneca, a ameixa rubia e a nécora.

Mar do Morrazo é unha cooperativa nova, que leva pouco tempo traballando, pero coa grande experiencia deste sector e dos seus membros, espérase ir medrando co paso do tempo, adquirindo unha maior produción, cun maior prezo de vendas, incorporando novas especies, participando en novos plans de explotación, mellorando a calidade ambiental, colaborando na recuperación de bancos, etc.